Inici
> Avalua+
Avalua+
Cercador catàleg Evalúa+
Características das solicitantes da pílula postcoital na provincia de Lugo
Resum
Descargar recurso Detalles del recurso Pertenece a: DIALNET OAI Articles Descripción: Obxectivo: Describir as características das mulleres que solicitan a pílula postcoital (PPC) nos centros de saúde da provincia de Lugo e as variables relacionadas coa solicitude. Deseño: Estudo observacional descritivo transversal. Participantes: Mulleres que solicitaron a PPC nos centros de saúde da provincia de Lugo entre xaneiro do 2006 e decembro do 2010. Medicións principais: Idade, motivo da solicitude, toma previa da PPC no ano anterior e uso de método anticonceptivo. Resultados: No período de estudo incluíronse 4051 mulleres. A idade media foi de 23.49 anos (IC 95% 23.29-23.69). O rango de idade situouse entre 10 e 57 anos. Un 13.48% foron menores de idade. O 40.09% usaron con anterioridade anticoncepción postcoital. O 77.31% utilizou método anticonceptivo nas relacións sexuais. A principal causa de petición foi a rotura do preservativo (76.25%). O día de maior dispensación foi o Domingo (24.98%). Conclusións: A muller que solicita a PPC en Lugo é nova, maior de idade, refi re utilizar método anticonceptivo e recorre á PPC por fallo do mesmo. As mulleres novas empregan máis a anticoncepción de emerxencia cas de maior idade. Case en ¾ partes solicítase a PPC por rotura do preservativo, o que parece indicar un mal uso do mesmo ou un sesgo de resposta. Dos datos anteriores dedúcese a necesidade de facer intervencións a nivel de Educación para a Saúde para fomentar condutas sexuais saudables. (Resumen extraído del artículo)Fitxa bibliogràfica
- Any de publicació:
- 2011
- Publicació:
- A Coruña : AGAMFEC
- En:
- Número:
- Vol. 18, no 2 (Setembro 2011), p. 97-100
- Format:
- Article
- Àmbit territorial:
- Galícia