Resum
O obxectivo deste material didáctico é
traballar o coñecemento básico sobre a
identidade e o corpo, para poder
comprender os feitos de diversidade.
Centrando concretamente o foco en
comprender a relación entre a identidade
sexual e os xenitais.
Ata agora, nas escolas, o prantexamento
que se transmitiu é que neno=pene e
nena=vulva, e isto non é correcto porque
non explica toda a realidade e nega a
existencia de unha parte das nenas e
nenos. Con este material quérese aclarar
que a identidade sexual é unha cuestión de
subxectividade, e isto non se atopa nos
xenitais. Facendo explícito o feito de que
hai nenas con pene e nenos con vulva.
A identidade solo se pode coñecer a través
do relato do suxeito, isto é, preguntándolle.
Como aos personaxes debuxados deste
material non lles podemos preguntar,
decidimos usar o aspecto do pelo para que
quen use este material vexa un neno ou
unha nena. É importante subraiar que, por
suposto, hai nenas co pelo curto e nenos
co pelo longo.
Decidimos tamén usar para os debuxos
deste material unha sola silueta, para
poder focalizar no tema que queremos
traballar. Queremos subraiar tamén que os
nenos e as nenas de verdade non son
como os debuxos aquí presentados, e que
hai quen ten a pel máis clara e máis
escura, quen é máis alta ou máis baixa,
máis flaco ou máis gordo, con distintos
trazos faciais, quen se move en cadeira de
rodas, quen ten un solo brazo. . .